Publicacións

GAMIFICANDO CON GENIALLY

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Hoxe en máis que meigas imos falarvos sobre a gamificación para que tamén podades gamificar con Genially e podades plasmar todas as vosas ideas en plantillas moi bonitas e fáciles de empregar!  Estades listos??? Para realizar a nosa gamificación utilizamos unhas plantillas moi visuais e fáciles de empregar. A páxina de onde sacamos a plantilla chámase Sandbox. Nesta páxina podedes atopar moito contido relacionado con Genially. Está feito por un grupo de creadores e creadoras de contido, que ofrecen extensións, plantillas e xogos de forma gratuíta, para que só teñas que collelos, e comezar a crear. Teñen tutoriais para explicar cada apartado, de xeito que sexa moi sinxelo de empregar. A continuación vos deixamos o enlace á páxina para que vos tamén podades empregalas.  👉  SANDBOX  👈 Unha vez escollida a plantilla que máis nos gustaba entramos en genially, plataforma da cal xa vos falamos en outras ocasións. Unha v...

PROXECTO STEAM: ASOCIEIGHT

Imaxe
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Hoxe é un día moi especial, xa que o contido da publicación moito traballiño nos deu, polo que agardamos que non só vos guste, senón que vos encante! 😍  Agardamos que todo vaia de marabilla coma sempre. Na entrada de hoxe, imos falar sobre o noso proxecto de STEAM. No noso caso empregamos o tipo de xogo paper circuit para crear o proxecto, ao cal lle chamamos (redobre de tambores 🎶):   💥 ASOCIEIGHT 💥 A continuación vos deixamos o vídeo para que vos quede máis claro en qué consiste o noso xogo. Agardamos que vos guste😀!! 👉 Proxecto STEAM: Asocieight 👈 Agora que xa vistes o vídeo, a que vos entran ganas de xogar? Pero para saber se estades relacionando ben cada ítem creemos que é convinte que teñades a vosa man as solucións colocando as imaxes e nomes desta maneira. SOLUCIONARIO XOGO    Amarelo (Torre de Hércules) - verde Vermello (Río Xallas) - branco  Azul  (Catedral de Santiago) -azul  Verd...

APPS 3D

Imaxe
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Vai todo de maravilla queridos e queridas cunxuradores? Agardamos que todo vaia de fábula.😘 Nesta entrada imos falar a cerca dalgunhas aplicacións que teñen que ver co ámbito de deseño nin máis nin menos que en 3D. Estades preparados e preparadas? Pois alá que imos!! Da primeira que queremos falar é de Thingiverse. Con él podes ver os proxectos que os demáis usuarios levaron a cabo co emprego dunha impresora 3D. É moi interesante xa que é un recurso que está cheo de orixinalidade e creatividade. Ademáis conta cunha sección enfocada á educación e ao traballo en clase, non é maravilloso?😎 En segundo lugar atopámonos con Scann 3D. Sen dúbida a nosa favorita xa que soi fai falta un smartphone para empregala. Con Scann 3D o noso móvil convértese nunha ferramenta para convertir imáxenes en modelos 3D. Ultimaker Cura Software trátase d unha aplicación de corte de código aberto para impresoras 3D. Foi creado por David Braam, que despois f...

WEBQUEST

                      👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Preparados meiguiños e meiguiñas para unha nova actualización de actividades? Sentádevos, que veñen curvas! 👋🙋 Nesta entrada imos explicar un pouquiño máis as actividades que elaboramos para a nosa webquest. Alá imos!😁😁 Empregamos dúas ferramentas que de seguro que vos soan de entradas anteriores, estas son Educaplay e Wordwall. Con elas, diseñamos dúas actividades relacionadas co Entroido que son moi divertidas e por suposto sinxelas de realizar para os nenos e nenas de 4º de Primaria na asignatura de Ciencias Sociais. A primeira chámase Memory e foi feita con Educaplay. Consiste nun xogo composto por fichas con imaxes e co seu respectivo nome e o xogador ou xogadora deberá de relacionalas correctamente. Se vos animades a xogar ademáis de pasar un bo rato tamén descubriredes cales son os principais personaxes dos d...

REFLEXIÓN

Imaxe
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 HORA DE REFLEXIONAR UN POUCO, QUE NON TODO VAI SER TRABALLAR! NUNCA PENSÁCHEDES SOBRE COMO CREAMOS AS FERRAMENTAS QUE EMPREGADES??? POIS HOXE IMOS CONTÁRVOLO, PARA QUE POIDADES COÑECER DE ONDE VEÑEN AS ACTIVIDADES, QUE SEGURO QUE TAMÉN QUEREDES PROBAR A EMPREGALAS... IMOS ALÓ 😀!!! Tras empregar as ferramentas que xa coñecedes para crear os xogos (que esperamos que vos gustaran como o memory 💭, creada con Educaplay e a sopa de letras con Wordwall.  Imos contarvos as súas ventaxas e inconvintes, que algún tamen ten. En xeral son aplicacións moi sinxelas, bastantes intuitivas e que permiten a elaboración de actividades e xogos dinámicos con moitos extras e elementos animados. Pero, porque sempre hai un pero, coma en outras aplicacións de creación de contido,  ten unha parte negativa, que é que soamente se pode editar a páxina por unha persoa á vez, o que dificulta a realización dos diferentes proxectos cando se traballa en gr...

EMPREGAR FERRAMENTAS DE CONTIDO MULTIMEDIA NA AULA, SI OU NON?

Imaxe
  👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Nestes tempos nos que a todo o mundo lle gusta dar likes👍, comentar publicacións💬, e opinar sobre temas variados💉 (coñezan ou non), etc., nos non queríamos quedarnos atrás e hoxe vos traemos un 💥¡duelo de conxuros!💥 Para toda a xente que non cree na maxia, aceptamos tamén chamalo debate😪, aínda que o noso nome nos gusta máis 😜  Nos tempos que corren, cada vez temos acceso a máis e máis información. As novas tecnoloxías poñen a nosa disposición recursos didácticos variados, cursos que seguen diferentes enfoques metodolóxicos, recurso multimedia e polo tanto, non só nós podemos acceder a eles como docentes, senón que tamén están a disposición do noso alumnado. Como as últimas entradas que publicamos fan referencia as ferramentas de contido multimedia, hoxe buscaremos centrar o noso debate neste ámbito. Se nos dese por poñer nunha balanza, as vantaxes e desvantaxes do seu uso na aula, hacia onde creedes que se decantar...

CREAR CONTIDO ONLINE CON EDUCAPLAY

Imaxe
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Abra cadabra, pata de cabra!👻 Volvemos para embruxarvos coa nosa maxia, e nesta ocasión cun novo conxuro para crear contido online interactivo 👀. Preparádevos, aquí ven a gamificación!👾 Hoxe imos a falar sobre unha páxina onde podedes xogar e crear todo tipo de actividades sobre o tema que máis vos guste. A páxina chámase Educaplay e esta aberta para todos e todas xa que é gratuita. Nela só tedes que buscar o tema que queredes e encontraredes todo tipo de actividades. Rexistrádevos e listo, a creación está na vosa imaxinaciónos. A continuación tedes o link para que podades acceder: 👉 EDUCAPLAY 👈 Nos realizamos unha sopa de letras sobre a cultura galega e as meigas que tanto vos gustan, pero ademais diso tamén fixemos un crucigrama!!! Deixámolos por aquí para que xoguedes e coñezades un pouco máis esta ferramenta tan práctica.  A continuación vos deixamos coa sopa de letras.  Por último tamén vos deixamos por aquí...

CREAMOS CON WORDWALL !

Imaxe
  👋 BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS! 👋 Cando falábamos de que viñamos cargados de ferramentas para axudarvos a converter as vosas clases, nas mellores do mundo, non o dicíamos de broma 😏. Hoxe chegou o día de introducirvos, na tan soada: GAMIFICACIÓN!👾 Como podedes ler no título, a ferramenta de creación de contido multimedia que empregaremos hoxe é a polifacética Wordwall. Esta aplicación online resume o seu uso entres sinxelos pasos:  1. Elixe unha plantilla. ✅ 2. Introduce o contido que desexas.  ✅ 3. Imprime ou xoga na propia pantalla.  ✅ Wordwall permite crear multitude de contido de gamificación, como pode ser unha roda de azar, xogo de concurso estilo Pasapalabra, persecución no labirinto, esmaga os topos ou diferentes cuestionarios. 👉  WORDWALL  👈 Que tantos nomes non vos fagan pensar que vai ser moi dificil de manexar, é unha ferramenta moi intuitiva. Quixemos deixarvos dous exemplos de actividades feitas por nós, para...

CÓMO FACER UN CÓDIGO QR?

Imaxe
  👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Cantos e cantas de vos utilizaches nalgún momento un código QR para buscar información? 📱 Se os vosos móbiles falasen diriannos cántas cartas 🍻 de bar abrichedes nestes ultimos meses con esta tecnoloxía 😋 Os códigos QR permítennos interactuar co mundo a través do noso smarthphone. Cando escaneamos un código obtemos de forma inmediata acceso o seu contido. Sabedes que esta tecnoloxía foi creada no ano 1994 por Denso Wave? Agora podemos gozar dela cun uso libre. Como funcionan? Un código QR é un código de barras bidimensional cadrada, que pode almacenar datos codificados. Na maioría de ocasións, os datos son un enlace a un sitio web (URL) Deixámosvos máis abaixo o código que xerarmos nós para o noso propio blog e un acceso directo a páxina web que empregamos. É super sinxelo, e creemos que esta ferramenta cunha aparencia tan curiosa, pode axudar a que o voso alumnado descubra información dun xeito máis máxico. Grazas por lerno...

FERRAMENTAS DE CREACIÓN MULTIMEDIA

Imaxe
👋 BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS! 👋 Estades igual de aburridas e aburridos 😣ca nos, de ver sempre os mesmos contidos monótonos e tradicionais? 👀 Presentacións cargadas de texto, información mal estructurada e pouco dinámica, e sobretodo nada ou case nada motivante? 😤 Hoxe vos presentamos unha ferramenta para combatir todos estes males, coa que estivemos practicando para elaborar unha infografía (Que xa vos amosaremos, non ser impacientes 😅). Pero aparte de esta, hai moitas máis, so que a nós pareceunos máis completa e tíñamos moitas ganas de descubrir todo o seu potencial.  O seu nome é genial.ly e con ela poderemos elaborar moitos contidos multimedia dun xeito vistoso, agradábel e sobre todo dunha forma moi sinxela e intuitiva. Presentacións, infografías, gamificación, vídeo presentacións son só algunhas das opcións que nos ofrece a plataforma.  O mellor é que non só podemos utilizala nos como docentes, senón que é unha ferramenta gratuíta e moi prácti...

CÓMO FACER UNHA NUBE DE PALABRAS?

Imaxe
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 💭Algunha vez utilizáches unha nube de palabras nas vosas aulas? Sabedes en que consisten? Pois prestade moita atención o noso novo conxuro!💫  As nubes de palabras é un xeito de amosar de forma moi visual, palabras chave que destacamos dun tema determinado. O seu uso é moi versátil, xa que podemos utilizala tanto o inicio dun tema, para coñecer que sabe o noso alumnado sobre este, como o final, para analizar as palabras que resuman os contidos que aprendemos. Hoxe vos presentamos Mentimeter. Mentimeter é unha ferramenta de creación de contido online, que nos permite algo moi curioso: Facer nubes de palabras en tempo real! 😯 Como docentes podemos xerar unha nube remota cun código. Só temos que decirlle o noso alumnado que entre no código, e que completen os campos para introducir as palabras. A medida que o van facendo, vaise xerando a nube de forma automática, destacando...

USO DOS RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS (REA)

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Os REA ou recursos educativos abertos son  📂 os materiais didácticos, de aprendizaxe ou de investigación 🔍 que se atopan no dominio público ou que se publican con licencias de propiedade intelectual que facilitan o seu uso, adaptación e distribución gratuítos  💰(Unesco, 2012) Na elaboración do noso traballo decidimos escoller os seguintes REA, xa que consideramos que todos están orientados cara o noso tema central, que é a tradición galega e as súas costumes. Seleccionamos recursos moi diversos en canto a temática e funcionamento para acadar así, a maior diversidade posible. Por outra banda, a información que neles se atopa é moi sustancial e ao mesmo tempo conta cun vocabulario moi adecuado para que o alumnado non atope ningún problema na comprensión e que en todo momento se manteña unha lectura fluída. Outro punto polo cal consideramos estes recursos como válidos débese a súa interactividade. Non só aportan información ...

QUE É SYMBALOO?

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 💬Sabedes que existen aplicacións onde podemos recoller todos os REA que empregamos nos nosos traballos? Prestade atención! 👇 O Symbaloo é unha ferramenta que nos permite elaborar un entorno onde se poden crear accesos directos a todas as páxinas e aplicacións que queiramos e que máis utilicemos, permítenos ter ao alcance dun clic todos os elementos que máis necesitamos. É unha forma de ter e gardar de maneira organizada todos os elementos que necesitamos para traballar, con acceso directo a todas as plataformas que queiramos, polo que consideramos que é moi útil. Que outras plataformas similares hai? Outras ferramentas similares a symbaloo que permiten crear un ambiente de aprendizaxe persoal son: O "SymbalooEdu", unha plataforma orientada especificamente ao campo educativo. "Netvibes" é un escritorio virtual onde podes incluír módulos ou widgets de páxinas web, canles de noticias ou redes sociais. "GoCon...

FERRAMENTA PARA APLICAR NUNHA SECUENCIA DIDÁCTICA

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Todos e todas sabemos o tedioso que pode ser elaborar una secuencia didáctica, coa cantidade de apartados que debemos incluir e a información que moitas veces se repite 😓. Somos conscientes da importancia dunha boa estructura e organización para conseguir a maior calidade 📈 na docencia, e como boas meigas e meigos, hoxe vos traemos unha aplicación para facer esta ardua tarea, moito máis sinxela 👍! A importancia das ferramentas específicas no ámbito tecnolóxico son de gran relevancia no noso día a día como docentes, xa que nos axudan a poder facer a nosa labor con máis eficacia e aportar unha maior rapidez, utilidade e precisión no traballo realizado. Ademáis de poder ter unha visón xeral e planificada dunha determinada actividade ao longo dun tempo concreto. Un exemplo claro é a secuencia didáctica coa aplicación de Edcrumble. Estámola empregando para ter un espazo onde contar cun conxunto de actividades interrelacionadas orientad...

¡ OPINIÓNS SOBRE A TECNOLOXÍA !

Imaxe
  👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Cantas veces vos fixeschedes preguntas relacionadas coa tecnoloxía?💻 Canto tempo lle dedicades as redes sociais?💬 Seriamos capaces de vivir sen tanta tecnoloxía?📝  Hoxe vos traemos unha serie de preguntas, que nos fixeron reflexionar e que esperemos vos fagan reflexionar a vos tamén. As preguntas que imos responder de xeito individual, son as seguintes: Que foi para min a tecnoloxía?💭 Que lugar ocupou na miña educación?💭 Se puidese destacar algo respecto a tecnoloxía, que sería?💭 Meiga Ariadna Prendes: Dende sempre considerei a tecnoloxía como o portal de información, de pasatempo e de comunicación principal. Dende a aparición da tecnoloxía a vida de toda a sociedade cambiou, persoalmente o cambio non me afectou de forma moi directa xa que aínda era pequena pero si que notei a diferenzas na hora de comparar xa que na miña infancia os elementos tecnolóxicos como os smartphones e as tablets entre outros destacaban pola...

¡ CONTINUAMOS REFLEXIONANDO SOBRE AS NOVAS TECNOLOXÍAS !

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Nesta ocasión, presentámovos unha serie de preguntas do máis curiosas, que nos fixeron reflexionar moito, xa que non son nada sinxelas. No noso caso, pensamos e respondemos as preguntas entre todas as Meigas 👻 en conxunto, pero vos animamos a que nos deixedes no caixón de comentarios as vosas opinións! ¿Aprenden mellor os/as nenos/as coas NNTT? 💭 Consideramos que os nenos e nenas de hoxe en día aprenden mellor grazas as novas tecnoloxías, xa que son un elemento que abren as portas a un mundo de información. Con unicamente un "clic" poden ter na súa pantalla todas as respostas ás súas preguntas. Serven tanto para estudar como para realizar as tarefas e traballos da escola, ademais de que os preparan para o futuro tecnolóxico que lles espera. Somos conscientes que o uso das novas tecnoloxías debe ser sempre responsable e moderado, porque como consumidores coñecemos os perigos que poden xerar ou as excesivas comodidades que ...

¡ PRESENTACIÓN GRUPAL DAS MESTRAS MEIGAS E DO MESTRE MEIGO !

Imaxe
  👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Hoxe toca presentarnos outra vez. Si, xa sabemos que podemos ser algo pesados e pesadas 😅, pero a verdade é que estabamos tan contentos cos resultados, que non podíamos deixar pasar esta ocasión para amosárvolo! Se hai algo mellor que presentarse, e presentarse en grupo, non?   Para a presentación de hoxe, como aínda queremos seguir mantendo o anonimato, decantámonos por empregar a aplicación Zepeto! Esta aplicación é gratuíta, e con ela poderedes crear os vosos avatares personalizados. Facédeo con tempo, porque non temos dúbida de que ides botar un bo rato navegando 🚢 en todas as súas opcións. Aínda non nos poñedes cara, pero xa vos avisamos que os nosos avatares se parecen bastante 😜 Nos vos enredamos máis, comezamos ! De esquerda a dereita, nesa fermosa foto de estudio, somos Alberto Pérez, Xiana Pérez, Ari Prendes e Carmen Quinta, as vosas novas mestras e mestre. Tanto se vos estades preguntando, coma senón, o...

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: ARIADNA PRENDES

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Ola bos días a todos e todas e benvidos ó noso blog. Son Ariadna Prendes de Luque, a vosa nova mestra. Vou contarvos un pouco sobre a miña vida para que me coñezades mellor. Nacín en Vigo, cidade onde tamén resido actualmente. Sempre gustoume a educación e considero que é un dos factores máis importantes na sociedade e por iso decidín estudala na Universidade de Vigo no campus de Pontevedra. De sempre gustoume a tecnoloxía e por iso gústame innovar e crear cousas novas dentro dela a cal sempre está en innovación. Teño moitas ganas de comezar este proxecto xunto cos meus compañeiros onde descubriremos as segredos meigas que esconde a nosa comunidade meiga, Galicia. Espero que disfrutedes desta experiencia tanto coma eu.  Moitas grazas pola atención. 

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: CARMEN QUINTA

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Ola, eu son Carmen Quinta González. Son de Vigo e traballo nun Centro de Educación Primaria. Teño moita ilusión de poder participar neste blog acerca dos misterios e a historia de Galicia a través das meigas. Espero que disfrutéis desta experiencia conmigo durante estos tres meses . Aquí van algúns datos acerca de min para coñecernos mellor. Estudei no campus de Pontevedra e as miñas aficións son o voluntariado, as manualidades e a lectura de libros do século XX.  Estás preparado para comenzar esta gran aventura coa axuda das novas tecnoloxías?  Eu xa quero empezar e ti?

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: XIANA PÉREZ

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋   Benvidos ao noso blog! Ola👋 meu nome é Xiana Pérez Rodríguez, nacín e vivo na cidade de Vigo, Pontevedra. Por iso non é de extrañar que as actividades relacionadas co mar sexan das miñas favoritas. Estou desexando poder iniciar este proxecto xa que a educación sempre foi ao que me quisen dedicar, e xunto cos meus compañeiros vou elaborar unha serie de contidos de interese de xeito que a aprendizaxe resulte máis entretida e visual grazas ao uso das TIC. Para min é unha ferramenta imprescindible hoxe en día e debemos aproveitarnos delas para conseguir os máximos beneficios á hora de traballar.