Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta symbaloo

USO DOS RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS (REA)

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Os REA ou recursos educativos abertos son  📂 os materiais didácticos, de aprendizaxe ou de investigación 🔍 que se atopan no dominio público ou que se publican con licencias de propiedade intelectual que facilitan o seu uso, adaptación e distribución gratuítos  💰(Unesco, 2012) Na elaboración do noso traballo decidimos escoller os seguintes REA, xa que consideramos que todos están orientados cara o noso tema central, que é a tradición galega e as súas costumes. Seleccionamos recursos moi diversos en canto a temática e funcionamento para acadar así, a maior diversidade posible. Por outra banda, a información que neles se atopa é moi sustancial e ao mesmo tempo conta cun vocabulario moi adecuado para que o alumnado non atope ningún problema na comprensión e que en todo momento se manteña unha lectura fluída. Outro punto polo cal consideramos estes recursos como válidos débese a súa interactividade. Non só aportan información ...

QUE É SYMBALOO?

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 💬Sabedes que existen aplicacións onde podemos recoller todos os REA que empregamos nos nosos traballos? Prestade atención! 👇 O Symbaloo é unha ferramenta que nos permite elaborar un entorno onde se poden crear accesos directos a todas as páxinas e aplicacións que queiramos e que máis utilicemos, permítenos ter ao alcance dun clic todos os elementos que máis necesitamos. É unha forma de ter e gardar de maneira organizada todos os elementos que necesitamos para traballar, con acceso directo a todas as plataformas que queiramos, polo que consideramos que é moi útil. Que outras plataformas similares hai? Outras ferramentas similares a symbaloo que permiten crear un ambiente de aprendizaxe persoal son: O "SymbalooEdu", unha plataforma orientada especificamente ao campo educativo. "Netvibes" é un escritorio virtual onde podes incluír módulos ou widgets de páxinas web, canles de noticias ou redes sociais. "GoCon...