USO DOS RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS (REA)
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋
Na elaboración do noso traballo decidimos escoller os seguintes REA, xa que consideramos que todos están orientados cara o noso tema central, que é a tradición galega e as súas costumes. Seleccionamos recursos moi diversos en canto a temática e funcionamento para acadar así, a maior diversidade posible.
Por outra banda, a información que neles se atopa é moi sustancial e ao mesmo tempo conta cun vocabulario moi adecuado para que o alumnado non atope ningún problema na comprensión e que en todo momento se manteña unha lectura fluída.
Outro punto polo cal consideramos estes recursos como válidos débese a súa interactividade. Non só aportan información senon que tamén contan con actividades para que os nenos e nenas poñan en práctica o aprendido. Deste xeito conseguimos que a creatividade e reflexión xoguen un papel importante neste campo.
Vos deixamos por aquí un enlace o noso Symbaloo, onde recollemos os REA que empregamos. Podedes saber máis sobre esta aplicación noutra das nosas entradas.
Comentarios
Publicar un comentario