Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta presentación

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: ARIADNA PRENDES

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Ola bos días a todos e todas e benvidos ó noso blog. Son Ariadna Prendes de Luque, a vosa nova mestra. Vou contarvos un pouco sobre a miña vida para que me coñezades mellor. Nacín en Vigo, cidade onde tamén resido actualmente. Sempre gustoume a educación e considero que é un dos factores máis importantes na sociedade e por iso decidín estudala na Universidade de Vigo no campus de Pontevedra. De sempre gustoume a tecnoloxía e por iso gústame innovar e crear cousas novas dentro dela a cal sempre está en innovación. Teño moitas ganas de comezar este proxecto xunto cos meus compañeiros onde descubriremos as segredos meigas que esconde a nosa comunidade meiga, Galicia. Espero que disfrutedes desta experiencia tanto coma eu.  Moitas grazas pola atención. 

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: CARMEN QUINTA

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Ola, eu son Carmen Quinta González. Son de Vigo e traballo nun Centro de Educación Primaria. Teño moita ilusión de poder participar neste blog acerca dos misterios e a historia de Galicia a través das meigas. Espero que disfrutéis desta experiencia conmigo durante estos tres meses . Aquí van algúns datos acerca de min para coñecernos mellor. Estudei no campus de Pontevedra e as miñas aficións son o voluntariado, as manualidades e a lectura de libros do século XX.  Estás preparado para comenzar esta gran aventura coa axuda das novas tecnoloxías?  Eu xa quero empezar e ti?

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: XIANA PÉREZ

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋   Benvidos ao noso blog! Ola👋 meu nome é Xiana Pérez Rodríguez, nacín e vivo na cidade de Vigo, Pontevedra. Por iso non é de extrañar que as actividades relacionadas co mar sexan das miñas favoritas. Estou desexando poder iniciar este proxecto xa que a educación sempre foi ao que me quisen dedicar, e xunto cos meus compañeiros vou elaborar unha serie de contidos de interese de xeito que a aprendizaxe resulte máis entretida e visual grazas ao uso das TIC. Para min é unha ferramenta imprescindible hoxe en día e debemos aproveitarnos delas para conseguir os máximos beneficios á hora de traballar.  

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: ALBERTO PÉREZ

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Benvidos o noso Blog estimados lectores e lectoras! 👾 Preséntome ante vos, xa que mentres non me poñades cara, que menos que sepades un pouco de min, non? Nacido en Mos e Graduado da Universidade de Vigo, comezo neste centro dando os meus primeiros pasos no camiño da docencia.  Para que me coñezades un pouco: Teño tres cans na miña casa: Kira, Ber e Pepi.🐶🐶🐶 Os meus hobbies son a fotografía e os deportes. 📷 Son un valioso aprendiz de cociñeiro.🔪 Estou aprendendo a tocar a guitarra. 📣 E máis relacionado coa docencia: Teño formación como Psicomotricista Educativo. Son monitor de ocio e tempo libre Encántame observar e analizar o xogo dos nenos e nenas. O meu grupo e eu, esperamos que atopedes neste blog contido útil para as vosas clases, e teremos en conta as vosas recomendacións e suxerencias para os nosos futuros posts! Moitas grazas! Alberto