¡ OPINIÓNS SOBRE A TECNOLOXÍA !

 

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋


Cantas veces vos fixeschedes preguntas relacionadas coa tecnoloxía?💻 Canto tempo lle dedicades as redes sociais?💬 Seriamos capaces de vivir sen tanta tecnoloxía?📝 
Hoxe vos traemos unha serie de preguntas, que nos fixeron reflexionar e que esperemos vos fagan reflexionar a vos tamén.

As preguntas que imos responder de xeito individual, son as seguintes:

Que foi para min a tecnoloxía?💭
Que lugar ocupou na miña educación?💭
Se puidese destacar algo respecto a tecnoloxía, que sería?💭

Meiga Ariadna Prendes:


Dende sempre considerei a tecnoloxía como o portal de información, de pasatempo e de comunicación principal. Dende a aparición da tecnoloxía a vida de toda a sociedade cambiou, persoalmente o cambio non me afectou de forma moi directa xa que aínda era pequena pero si que notei a diferenzas na hora de comparar xa que na miña infancia os elementos tecnolóxicos como os smartphones e as tablets entre outros destacaban pola súa ausencia pero foron aparecendo según medraba polo que estiven xunto a eles dende casi a súa aparición. Por iso considero a tecnoloxía como unha ferramenta fundamental que beneficiou de forma considerable a vida a nivel global.

As tecnoloxías foron evolucionando ata o punto de ser realmente imprescindibles para a educación. Fai uns anos só utilizábase internet para realizar os traballos ou para buscar información, polo que non eran del todo necesarias xa que tíñanse todos os medios para estudar nos libros, mentras que na actualidade as tecnoloxías son a pedra angular na que xira prácticamente todo o sistema educativo.

Considero que no interior do mundo da tecnoloxía destaca o gran poder que teñen para unir ás persoas dende todos os puntos do planeta.


Meiga Carmen Quinta:



A tecnoloxía é unha ferramenta que nestas circunstancias da pandemia axudoume a poder seguir adiante co curso académico e poder facer a carreira que sempre quixen facer. Non coñezo moito o mundo tecnolóxico, pero realmente quero aprender ferramentas que poden ser útiles no meu día a día, como no meu traballo cos meus compañeiros e no meu futuro como docente.

Ao longo de educación se que estiveron presentes, pero non no modo que deberían estar, xa que esqueceron na escola conceptos básicos. Non aprendín cando debería e isto segue reflexado aínda agora nos meus traballos en grupo.

Se puidese destacar algo sobre tecnoloxía, sería o poder contactar e unir ás familias a pesar da distancia e as facilidades que dan para axudar aos demáis, por exemplo dando clases particulares.



Meiga Xiana Pérez:



 

As tecnoloxías supuxeron un gran cambio a nivel global. Coa súa chegada inmediatamente se produciron reformas moi drásticas en todos os ámbitos. Eu persoalmente non notei tales cambios pois sempre tiven contacto con elas tanto na casa coma na escola polo que non me resultou complexo adaptarme a elas. Xa forman parte da miña vida polo que non me resultan algo descoñecido pero sí imprescindibles.

Xogan un papel moi importante na educación, é algo normal que aprender a manexalas sexa un requisito fundamental como saber restar ou sumar. Ademáis co paso do tempo convertéronse na principal protagonista da ensinanza.

O que destacaría da tecnoloxía sería sen ninguha dúbida sería como éstas conseguiron que unha persoa esté a un só clic de poder informarse e coñecer calquera noticia ou feito de calquera parte do mundo.


Meigo Alberto Pérez:



A tecnoloxía formou sempre parte da miña vida, como un complemento para o ocio ou as relacións coas amizades. Dende moi pequeno xogando coa GameBoy, intercambiando pokémons cos meus amigos, ata o uso do ordenador sendo máis maior coa gran novidade do Messenger para chatear con eles e elas a distancia. Considérome unha persoa que sempre mostrou curiosidade pola tecnoloxía, e por aprender a manexarme con ela de forma autodidacta. Gústame estar o tanto das novidades que poidan existir e dos descubrimentos que se poden facer gracias os avances tecnolóxicos.

Teño que dicir, que considero que a tecnoloxía non formou parte da miña educación ata chegar a secundaria seguramente. A miña educación ata ese momento estivo marcada polos profesores e profesoras que tiven, a miña familia, e as experiencias vividas. O acceso complementario a información facíase coas enciclopedias, ata que algo antes de dar o salto o instituto, xa tiña as primeiras tomas de contacto coa famosa Encarta. Na secundaria o contacto coa tecnoloxía disparouse, tanto polo uso do teléfono móbil como de internet.

No caso de destacar algo, tería que destacar algo bo e algo mal, porque son as opinións que teño o respecto. A tecnoloxía apórtanos comodidade e accesibilidade, podemos dispoñer do que necesitemos nun instante, tanto a nivel de información como a nivel de contacto con outras persoas. A tecnoloxía aparece para simplificar tarefas ou facer posibles outras que antes serían inimaxinables, pero como todo beneficio, ten que haber un lado malo. A tecnoloxía da paso o control das masas, os intereses económicos e a adición a esta. O consumismo e a obsolescencia programada marcan as pautas da tecnoloxía, polo que é moi necesario reflexionar sobre o seu uso e pararnos a pensar de vez en cando, como é a nosa relación con ela.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

REFLEXIÓN

APPS 3D