FERRAMENTAS DE CREACIÓN MULTIMEDIA

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋


Estades igual de aburridas e aburridos 😣ca nos, de ver sempre os mesmos contidos monótonos e tradicionais? 👀 Presentacións cargadas de texto, información mal estructurada e pouco dinámica, e sobretodo nada ou case nada motivante? 😤


Hoxe vos presentamos unha ferramenta para combatir todos estes males, coa que estivemos practicando para elaborar unha infografía (Que xa vos amosaremos, non ser impacientes 😅). Pero aparte de esta, hai moitas máis, so que a nós pareceunos máis completa e tíñamos moitas ganas de descubrir todo o seu potencial. 

O seu nome é genial.ly e con ela poderemos elaborar moitos contidos multimedia dun xeito vistoso, agradábel e sobre todo dunha forma moi sinxela e intuitiva. Presentacións, infografías, gamificación, vídeo presentacións son só algunhas das opcións que nos ofrece a plataforma. 

O mellor é que non só podemos utilizala nos como docentes, senón que é unha ferramenta gratuíta e moi práctica que ensinar o noso alumnado, para que eles elaboren e experimenten cos seus contidos. Agardamos que a nosa de recomendación de hoxe, vos guste tanto como a nós, e que poidades conxurar traballos e presentacións do máis atrapantes e atractivas! 

👉 Enlace a Genial.ly 👈

Sabedes de máis ferramentas de este estilo? Deixade as vosas suxerencias no queixón de comentarios para que podamos botarlles unha ollada! 👇


Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

REFLEXIÓN

APPS 3D