¡ CONTINUAMOS REFLEXIONANDO SOBRE AS NOVAS TECNOLOXÍAS !

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋

Nesta ocasión, presentámovos unha serie de preguntas do máis curiosas, que nos fixeron reflexionar moito, xa que non son nada sinxelas. No noso caso, pensamos e respondemos as preguntas entre todas as Meigas 👻 en conxunto, pero vos animamos a que nos deixedes no caixón de comentarios as vosas opinións!

¿Aprenden mellor os/as nenos/as coas NNTT? 💭

Consideramos que os nenos e nenas de hoxe en día aprenden mellor grazas as novas tecnoloxías, xa que son un elemento que abren as portas a un mundo de información. Con unicamente un "clic" poden ter na súa pantalla todas as respostas ás súas preguntas. Serven tanto para estudar como para realizar as tarefas e traballos da escola, ademais de que os preparan para o futuro tecnolóxico que lles espera. Somos conscientes que o uso das novas tecnoloxías debe ser sempre responsable e moderado, porque como consumidores coñecemos os perigos que poden xerar ou as excesivas comodidades que poden aparecer co seu uso. Analizando o camiño que está tomando a sociedade, creemos que será necesario a adaptación e a inclusión controlada das novas tecnoloxías no sistema educativo.

¿Te fai mellor ou peor profesor ou profesora o uso das NNTT? 💭

As novas tecnoloxías serven para que a formación do docente sexa moito máis completa, permitindo a elaboración de clases máis prácticas e dinámicas. Estas favorecen a colaboración do alumnado e facilitan a comunicación e xestión do docente. Un coñecemento amplo das novas tecnoloxías, permite ter acceso a infinidade de recursos, pero o seu uso axeitado, sempre vai a depender do coñecemento dos profesores e das profesoras. É por isto, que creemos que o profesorado tamén debe ter acceso e axudas para conseguir unha formación continua e de calidade para o correcto desenvolvemento en competencias e habilidades tecnolóxicas.

¿Como crees que as vas a empregar na túa aula o día de mañá? 💭

O día de mañá seguramente busquemos empregar novas tecnoloxías, como xa mencionamos anteriormente, como un uso para completar o resto de contidos e información que traballaremos na aula. O final, a golpe de "click" podes amosar o teu alumnado como son os planetas, buscar un dinosaurio concreto, unha foto dunha personaxe histórica, ou que sexan eles e elas mesmas os que busquen para atopar eses contidos. Pero da premisa que seguro que partimos, e da de non abusar do seu uso e ter sempre presentes que canta máis variedade de materiais, mellor calidade terá a docencia.

¿As novas tecnoloxías como medio ou como fin? 💭

Dende o noso punto de vista, as TIC son unha ferramenta que se deberá empregar como medio para acadar un fin, xa que mediante elas os nenos e nenas adquirirán os coñecementos necesarios dun xeito máis práctico e dinámico, pero coa finalidade da aprendizaxe duns contidos. A súa utilización será como fin cando as aprendizaxes ou habilidades que se busquen traballar esten estreitamente relacionadas coa tecnoloxía.

¿Hai medios nos colexios públicos para traballar coas NNTT? 💭

Hoxe en día a meirande parte dos centros escolares contan con aulas especializadas no que integran  á informática. Non obstante, o uso das novas tecnoloxías pode ir máis ala dun aula de informática, polo que isto non é suficiente para unha formación en tecnoloxía ampla. Por outra banda, non debemos esquecer a situación máis desfavorecida que se vive en moitos centros escolares, onde os recursos son mínimos e ademáis non esquecernos dos grandes apuros que sofren moitas familias, en situacións económicas moi complicadas e con imposibilidade de acceder á tecnoloxía. Por iso é necesario contar con máis recursos para as familias e coa súa distribución equitativa, ademáis de incrementar as subvencións e os presupostos nas escolas públicas, para conseguir dar un salto de calidade e estar o mesmo nivel que calquera, ou incluso por enriba dos centros privados ou concertados. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

WEBQUEST

EMPREGAR FERRAMENTAS DE CONTIDO MULTIMEDIA NA AULA, SI OU NON?