¡ OPINIÓNS SOBRE A TECNOLOXÍA !
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Cantas veces vos fixeschedes preguntas relacionadas coa tecnoloxía?💻 Canto tempo lle dedicades as redes sociais?💬 Seriamos capaces de vivir sen tanta tecnoloxía?📝 Hoxe vos traemos unha serie de preguntas, que nos fixeron reflexionar e que esperemos vos fagan reflexionar a vos tamén. As preguntas que imos responder de xeito individual, son as seguintes: Que foi para min a tecnoloxía?💭 Que lugar ocupou na miña educación?💭 Se puidese destacar algo respecto a tecnoloxía, que sería?💭 Meiga Ariadna Prendes: Dende sempre considerei a tecnoloxía como o portal de información, de pasatempo e de comunicación principal. Dende a aparición da tecnoloxía a vida de toda a sociedade cambiou, persoalmente o cambio non me afectou de forma moi directa xa que aínda era pequena pero si que notei a diferenzas na hora de comparar xa que na miña infancia os elementos tecnolóxicos como os smartphones e as tablets entre outros destacaban pola...