CREAR CONTIDO ONLINE CON EDUCAPLAY


👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋

Abra cadabra, pata de cabra!👻 Volvemos para embruxarvos coa nosa maxia, e nesta ocasión cun novo conxuro para crear contido online interactivo 👀. Preparádevos, aquí ven a gamificación!👾


Hoxe imos a falar sobre unha páxina onde podedes xogar e crear todo tipo de actividades sobre o tema que máis vos guste. A páxina chámase Educaplay e esta aberta para todos e todas xa que é gratuita. Nela só tedes que buscar o tema que queredes e encontraredes todo tipo de actividades. Rexistrádevos e listo, a creación está na vosa imaxinaciónos.

A continuación tedes o link para que podades acceder:

👉 EDUCAPLAY 👈


Nos realizamos unha sopa de letras sobre a cultura galega e as meigas que tanto vos gustan, pero ademais diso tamén fixemos un crucigrama!!! Deixámolos por aquí para que xoguedes e coñezades un pouco máis esta ferramenta tan práctica. 

A continuación vos deixamos coa sopa de letras. 

Por último tamén vos deixamos por aquí o crucigrama que creamos



Esperemos que vos gusten, e non vos esquezades de deixar na caixa de comentarios as vosas opinións e suxerencias 👇

Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

PROXECTO STEAM: ASOCIEIGHT

APPS 3D