CREAMOS CON WORDWALL !

 

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋


Cando falábamos de que viñamos cargados de ferramentas para axudarvos a converter as vosas clases, nas mellores do mundo, non o dicíamos de broma 😏. Hoxe chegou o día de introducirvos, na tan soada: GAMIFICACIÓN!👾

Como podedes ler no título, a ferramenta de creación de contido multimedia que empregaremos hoxe é a polifacética Wordwall. Esta aplicación online resume o seu uso entres sinxelos pasos: 

1. Elixe unha plantilla. ✅
2. Introduce o contido que desexas. 
3. Imprime ou xoga na propia pantalla. 

Wordwall permite crear multitude de contido de gamificación, como pode ser unha roda de azar, xogo de concurso estilo Pasapalabra, persecución no labirinto, esmaga os topos ou diferentes cuestionarios.

👉 WORDWALL 👈



Que tantos nomes non vos fagan pensar que vai ser moi dificil de manexar, é unha ferramenta moi intuitiva. Quixemos deixarvos dous exemplos de actividades feitas por nós, para que vos pique a curiosidade con esta aplicación e non tardedes nin un segundo en lanzarvos a crear maxia! 

Ledicia Galega 💫



Anagrama de Meigas 💫


Esperemos que vos gusten, e non vos esquezades de deixar na caixa de comentarios as vosas opinións e suxerencias 👇

Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

PROXECTO STEAM: ASOCIEIGHT

APPS 3D