QUE É SYMBALOO?

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋

💬Sabedes que existen aplicacións onde podemos recoller todos os REA que empregamos nos nosos traballos? Prestade atención! 👇


O Symbaloo é unha ferramenta que nos permite elaborar un entorno onde se poden crear accesos directos a todas as páxinas e aplicacións que queiramos e que máis utilicemos, permítenos ter ao alcance dun clic todos os elementos que máis necesitamos. É unha forma de ter e gardar de maneira organizada todos os elementos que necesitamos para traballar, con acceso directo a todas as plataformas que queiramos, polo que consideramos que é moi útil.


Que outras plataformas similares hai?


Outras ferramentas similares a symbaloo que permiten crear un ambiente de aprendizaxe persoal son: O "SymbalooEdu", unha plataforma orientada especificamente ao campo educativo. "Netvibes" é un escritorio virtual onde podes incluír módulos ou widgets de páxinas web, canles de noticias ou redes sociais. "GoConqr" é unha ferramenta en liña que che permite crear mapas mentais e nos que podes organizar as túas ferramentas favoritas dun xeito esquemático e claro. Por último, "Mindmeister" é unha ferramenta TIC para crear mapas mentais que che permite recompilar os teus recursos favoritos dun xeito moi atractivo, personalizado e organizado por categorías segundo o gusto persoal.

Enlace a Symbaloo




Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

PROXECTO STEAM: ASOCIEIGHT

APPS 3D