PROXECTO STEAM: ASOCIEIGHT
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋
Hoxe é un día moi especial, xa que o contido da publicación moito traballiño nos deu, polo que agardamos que non só vos guste, senón que vos encante! 😍
Agardamos que todo vaia de marabilla coma sempre. Na entrada de hoxe, imos falar sobre o noso proxecto de STEAM. No noso caso empregamos o tipo de xogo paper circuit para crear o proxecto, ao cal lle chamamos (redobre de tambores 🎶):
💥ASOCIEIGHT💥
A continuación vos deixamos o vídeo para que vos quede máis claro en qué consiste o noso xogo. Agardamos que vos guste😀!!
👉 Proxecto STEAM: Asocieight 👈
Agora que xa vistes o vídeo, a que vos entran ganas de xogar? Pero para saber se estades relacionando ben cada ítem creemos que é convinte que teñades a vosa man as solucións colocando as imaxes e nomes desta maneira.
SOLUCIONARIO XOGO
Amarelo (Torre de Hércules) - verde
Vermello (Río Xallas) - branco
Azul (Catedral de Santiago) -azul
Verde (Illas Cíes) - vermello
Branco (Muralla de Lugo) - amarelo
TRADICIÓNS EN GALICIA
Amarelo (Festa da Lamprea) - vermello
Vermello (Entroido de Verín) -amarelo
Azul (Festa do Boi) - azul
Verde (Rapa das Bestas) - branco
Branco (Romaría Vikinga) - verde
Aínda que xa sabedes que estas son unhas posibles solucións, xa que o xogo podedes ordealo como queirades, porque como ben dixemos: ✨"O límite está na vosa imaxinación" ✨
Por último vos imos ensinar algunhas das fotos que fixemos ao crear este marabilloso xogo
Agardamos que vos gustase a nosa proposta, xa que nos a verdade e que nos sentimos moi orgullosas! É un dos nosos grandes conxuros para facer maxia. Non vos esquezades de deixar a vosa opinión nos comentarios, que de bo agrado a leeremos! 👇💞
Comentarios
Publicar un comentario