REFLEXIÓN
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋
HORA DE REFLEXIONAR UN POUCO, QUE NON TODO VAI SER TRABALLAR!
NUNCA PENSÁCHEDES SOBRE COMO CREAMOS AS FERRAMENTAS QUE EMPREGADES??? POIS HOXE IMOS CONTÁRVOLO, PARA QUE POIDADES COÑECER DE ONDE VEÑEN AS ACTIVIDADES, QUE SEGURO QUE TAMÉN QUEREDES PROBAR A EMPREGALAS... IMOS ALÓ 😀!!!
Tras empregar as ferramentas que xa coñecedes para crear os xogos (que esperamos que vos gustaran como o memory 💭, creada con Educaplay e a sopa de letras con Wordwall.
Imos contarvos as súas ventaxas e inconvintes, que algún tamen ten. En xeral son aplicacións moi sinxelas, bastantes intuitivas e que permiten a elaboración de actividades e xogos dinámicos con moitos extras e elementos animados. Pero, porque sempre hai un pero, coma en outras aplicacións de creación de contido, ten unha parte negativa, que é que soamente se pode editar a páxina por unha persoa á vez, o que dificulta a realización dos diferentes proxectos cando se traballa en grupo.
Como pequeno adianto do contido que subiremos en breve, xa vos anunciamos que publicaremos unha webquest de colleita propia. Para realizala empregamos a plataforma de Wix, que permite acceso a plantillas sinxelas de completar e nos da a posibilidade de elaborar ferramentas para traballar cunha metodoloxía activa, que fomente un aprendizaxe máis completo e atractivo.
Algo que aprendemos o coñecer tantas ferramentas, e que debemos tratar de buscar aquelas que son libres, para que todo o mundo poida ter acceso a elas. O final, todo o que podemos conseguir con elas non distan moito das que son de pago, que sempre limitan máis.
Agardamos que vos gustase esta entrada un pouco diferente, na que podedes coñecer un pouco máis o que pensamos 😙. Coma sempre, deixade no caixón de comentarios as vosas opinións e reflexións, que seguro aportan moito a nosa comunidade. 👇
Comentarios
Publicar un comentario