FERRAMENTA PARA APLICAR NUNHA SECUENCIA DIDÁCTICA

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋


Todos e todas sabemos o tedioso que pode ser elaborar una secuencia didáctica, coa cantidade de apartados que debemos incluir e a información que moitas veces se repite 😓. Somos conscientes da importancia dunha boa estructura e organización para conseguir a maior calidade 📈 na docencia, e como boas meigas e meigos, hoxe vos traemos unha aplicación para facer esta ardua tarea, moito máis sinxela 👍!

A importancia das ferramentas específicas no ámbito tecnolóxico son de gran relevancia no noso día a día como docentes, xa que nos axudan a poder facer a nosa labor con máis eficacia e aportar unha maior rapidez, utilidade e precisión no traballo realizado. Ademáis de poder ter unha visón xeral e planificada dunha determinada actividade ao longo dun tempo concreto.

Un exemplo claro é a secuencia didáctica coa aplicación de Edcrumble. Estámola empregando para ter un espazo onde contar cun conxunto de actividades interrelacionadas orientadas cara un obxectivo específico dun modo ordenado e accesible para todo o equipo. Edcrumble permite recoller de forma moi sinxela, os elementos máis importantes do noso traballo: A xustificación, os obxectivos ou a avaliación, pero sobretodo, destaca pola facilidade coa que podemos facer a temporalización das nosas actividades.

Aquí vos deixamos o enlace da nosa secuencia didáctica, por si queredes empregala nalgún momento para a vosa labor como docente ou simplemente observar como funciona a súa estructura!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

PROXECTO STEAM: ASOCIEIGHT

APPS 3D