Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta máis que meigas

CÓMO FACER UN CÓDIGO QR?

Imaxe
  👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Cantos e cantas de vos utilizaches nalgún momento un código QR para buscar información? 📱 Se os vosos móbiles falasen diriannos cántas cartas 🍻 de bar abrichedes nestes ultimos meses con esta tecnoloxía 😋 Os códigos QR permítennos interactuar co mundo a través do noso smarthphone. Cando escaneamos un código obtemos de forma inmediata acceso o seu contido. Sabedes que esta tecnoloxía foi creada no ano 1994 por Denso Wave? Agora podemos gozar dela cun uso libre. Como funcionan? Un código QR é un código de barras bidimensional cadrada, que pode almacenar datos codificados. Na maioría de ocasións, os datos son un enlace a un sitio web (URL) Deixámosvos máis abaixo o código que xerarmos nós para o noso propio blog e un acceso directo a páxina web que empregamos. É super sinxelo, e creemos que esta ferramenta cunha aparencia tan curiosa, pode axudar a que o voso alumnado descubra información dun xeito máis máxico. Grazas por lerno...

FERRAMENTAS DE CREACIÓN MULTIMEDIA

Imaxe
👋 BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS! 👋 Estades igual de aburridas e aburridos 😣ca nos, de ver sempre os mesmos contidos monótonos e tradicionais? 👀 Presentacións cargadas de texto, información mal estructurada e pouco dinámica, e sobretodo nada ou case nada motivante? 😤 Hoxe vos presentamos unha ferramenta para combatir todos estes males, coa que estivemos practicando para elaborar unha infografía (Que xa vos amosaremos, non ser impacientes 😅). Pero aparte de esta, hai moitas máis, so que a nós pareceunos máis completa e tíñamos moitas ganas de descubrir todo o seu potencial.  O seu nome é genial.ly e con ela poderemos elaborar moitos contidos multimedia dun xeito vistoso, agradábel e sobre todo dunha forma moi sinxela e intuitiva. Presentacións, infografías, gamificación, vídeo presentacións son só algunhas das opcións que nos ofrece a plataforma.  O mellor é que non só podemos utilizala nos como docentes, senón que é unha ferramenta gratuíta e moi prácti...

CÓMO FACER UNHA NUBE DE PALABRAS?

Imaxe
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 💭Algunha vez utilizáches unha nube de palabras nas vosas aulas? Sabedes en que consisten? Pois prestade moita atención o noso novo conxuro!💫  As nubes de palabras é un xeito de amosar de forma moi visual, palabras chave que destacamos dun tema determinado. O seu uso é moi versátil, xa que podemos utilizala tanto o inicio dun tema, para coñecer que sabe o noso alumnado sobre este, como o final, para analizar as palabras que resuman os contidos que aprendemos. Hoxe vos presentamos Mentimeter. Mentimeter é unha ferramenta de creación de contido online, que nos permite algo moi curioso: Facer nubes de palabras en tempo real! 😯 Como docentes podemos xerar unha nube remota cun código. Só temos que decirlle o noso alumnado que entre no código, e que completen os campos para introducir as palabras. A medida que o van facendo, vaise xerando a nube de forma automática, destacando...

USO DOS RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS (REA)

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Os REA ou recursos educativos abertos son  📂 os materiais didácticos, de aprendizaxe ou de investigación 🔍 que se atopan no dominio público ou que se publican con licencias de propiedade intelectual que facilitan o seu uso, adaptación e distribución gratuítos  💰(Unesco, 2012) Na elaboración do noso traballo decidimos escoller os seguintes REA, xa que consideramos que todos están orientados cara o noso tema central, que é a tradición galega e as súas costumes. Seleccionamos recursos moi diversos en canto a temática e funcionamento para acadar así, a maior diversidade posible. Por outra banda, a información que neles se atopa é moi sustancial e ao mesmo tempo conta cun vocabulario moi adecuado para que o alumnado non atope ningún problema na comprensión e que en todo momento se manteña unha lectura fluída. Outro punto polo cal consideramos estes recursos como válidos débese a súa interactividade. Non só aportan información ...

¡ OPINIÓNS SOBRE A TECNOLOXÍA !

Imaxe
  👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Cantas veces vos fixeschedes preguntas relacionadas coa tecnoloxía?💻 Canto tempo lle dedicades as redes sociais?💬 Seriamos capaces de vivir sen tanta tecnoloxía?📝  Hoxe vos traemos unha serie de preguntas, que nos fixeron reflexionar e que esperemos vos fagan reflexionar a vos tamén. As preguntas que imos responder de xeito individual, son as seguintes: Que foi para min a tecnoloxía?💭 Que lugar ocupou na miña educación?💭 Se puidese destacar algo respecto a tecnoloxía, que sería?💭 Meiga Ariadna Prendes: Dende sempre considerei a tecnoloxía como o portal de información, de pasatempo e de comunicación principal. Dende a aparición da tecnoloxía a vida de toda a sociedade cambiou, persoalmente o cambio non me afectou de forma moi directa xa que aínda era pequena pero si que notei a diferenzas na hora de comparar xa que na miña infancia os elementos tecnolóxicos como os smartphones e as tablets entre outros destacaban pola...

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: ARIADNA PRENDES

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Ola bos días a todos e todas e benvidos ó noso blog. Son Ariadna Prendes de Luque, a vosa nova mestra. Vou contarvos un pouco sobre a miña vida para que me coñezades mellor. Nacín en Vigo, cidade onde tamén resido actualmente. Sempre gustoume a educación e considero que é un dos factores máis importantes na sociedade e por iso decidín estudala na Universidade de Vigo no campus de Pontevedra. De sempre gustoume a tecnoloxía e por iso gústame innovar e crear cousas novas dentro dela a cal sempre está en innovación. Teño moitas ganas de comezar este proxecto xunto cos meus compañeiros onde descubriremos as segredos meigas que esconde a nosa comunidade meiga, Galicia. Espero que disfrutedes desta experiencia tanto coma eu.  Moitas grazas pola atención. 

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: CARMEN QUINTA

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Ola, eu son Carmen Quinta González. Son de Vigo e traballo nun Centro de Educación Primaria. Teño moita ilusión de poder participar neste blog acerca dos misterios e a historia de Galicia a través das meigas. Espero que disfrutéis desta experiencia conmigo durante estos tres meses . Aquí van algúns datos acerca de min para coñecernos mellor. Estudei no campus de Pontevedra e as miñas aficións son o voluntariado, as manualidades e a lectura de libros do século XX.  Estás preparado para comenzar esta gran aventura coa axuda das novas tecnoloxías?  Eu xa quero empezar e ti?

PRESENTACIÓN DO DOCENTE: XIANA PÉREZ

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋   Benvidos ao noso blog! Ola👋 meu nome é Xiana Pérez Rodríguez, nacín e vivo na cidade de Vigo, Pontevedra. Por iso non é de extrañar que as actividades relacionadas co mar sexan das miñas favoritas. Estou desexando poder iniciar este proxecto xa que a educación sempre foi ao que me quisen dedicar, e xunto cos meus compañeiros vou elaborar unha serie de contidos de interese de xeito que a aprendizaxe resulte máis entretida e visual grazas ao uso das TIC. Para min é unha ferramenta imprescindible hoxe en día e debemos aproveitarnos delas para conseguir os máximos beneficios á hora de traballar.