CÓMO FACER UNHA NUBE DE PALABRAS?
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋
💭Algunha vez utilizáches unha nube de palabras nas vosas aulas? Sabedes en que consisten? Pois prestade moita atención o noso novo conxuro!💫
As nubes de palabras é un xeito de amosar de forma moi visual, palabras chave
que destacamos dun tema determinado. O seu uso é moi versátil, xa que podemos
utilizala tanto o inicio dun tema, para coñecer que sabe o noso alumnado sobre
este, como o final, para analizar as palabras que resuman os contidos que
aprendemos.
Hoxe vos presentamos Mentimeter. Mentimeter é unha ferramenta de creación de
contido online, que nos permite algo moi curioso: Facer nubes de palabras en
tempo real! 😯 Como docentes podemos xerar unha nube remota cun código. Só
temos que decirlle o noso alumnado que entre no código, e que completen os
campos para introducir as palabras. A medida que o van facendo, vaise xerando
a nube de forma automática, destacando en maior tamaño, aquelas palabras que
se empregaron máis.
Deixámosvos un exemplo da nosa nube de palabras, na que intentamos recoller as
palabras máis destacadas relacionadas co noso blog. Que palabras incluiríades
máis? Deixádeas nos comentarios 👇
Comentarios
Publicar un comentario