GAMIFICANDO CON GENIALLY

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋


Hoxe en máis que meigas imos falarvos sobre a gamificación para que tamén podades gamificar con Genially e podades plasmar todas as vosas ideas en plantillas moi bonitas e fáciles de empregar! 
Estades listos???


Para realizar a nosa gamificación utilizamos unhas plantillas moi visuais e fáciles de empregar. A páxina de onde sacamos a plantilla chámase Sandbox. Nesta páxina podedes atopar moito contido relacionado con Genially. Está feito por un grupo de creadores e creadoras de contido, que ofrecen extensións, plantillas e xogos de forma gratuíta, para que só teñas que collelos, e comezar a crear. Teñen tutoriais para explicar cada apartado, de xeito que sexa moi sinxelo de empregar. A continuación vos deixamos o enlace á páxina para que vos tamén podades empregalas. 

👉 SANDBOX 👈


Unha vez escollida a plantilla que máis nos gustaba entramos en genially, plataforma da cal xa vos falamos en outras ocasións. Unha vez alí cambiamos o vocabulario e aproveitamos todas as opcións que ten genially para poder decorar as plantillas para darlle de esta forma máis color e dinamismo. 

Para que podades ver a nosa gamificación os deixamos o link a continuación:


ATA OUTRA FUTUROS MEIGOS E MEIGAS

Comentarios

Publicacións populares deste blog

PROXECTO STEAM: ASOCIEIGHT

APPS 3D