Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta reflexións

QUE É SYMBALOO?

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 💬Sabedes que existen aplicacións onde podemos recoller todos os REA que empregamos nos nosos traballos? Prestade atención! 👇 O Symbaloo é unha ferramenta que nos permite elaborar un entorno onde se poden crear accesos directos a todas as páxinas e aplicacións que queiramos e que máis utilicemos, permítenos ter ao alcance dun clic todos os elementos que máis necesitamos. É unha forma de ter e gardar de maneira organizada todos os elementos que necesitamos para traballar, con acceso directo a todas as plataformas que queiramos, polo que consideramos que é moi útil. Que outras plataformas similares hai? Outras ferramentas similares a symbaloo que permiten crear un ambiente de aprendizaxe persoal son: O "SymbalooEdu", unha plataforma orientada especificamente ao campo educativo. "Netvibes" é un escritorio virtual onde podes incluír módulos ou widgets de páxinas web, canles de noticias ou redes sociais. "GoCon...

¡ OPINIÓNS SOBRE A TECNOLOXÍA !

Imaxe
  👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Cantas veces vos fixeschedes preguntas relacionadas coa tecnoloxía?💻 Canto tempo lle dedicades as redes sociais?💬 Seriamos capaces de vivir sen tanta tecnoloxía?📝  Hoxe vos traemos unha serie de preguntas, que nos fixeron reflexionar e que esperemos vos fagan reflexionar a vos tamén. As preguntas que imos responder de xeito individual, son as seguintes: Que foi para min a tecnoloxía?💭 Que lugar ocupou na miña educación?💭 Se puidese destacar algo respecto a tecnoloxía, que sería?💭 Meiga Ariadna Prendes: Dende sempre considerei a tecnoloxía como o portal de información, de pasatempo e de comunicación principal. Dende a aparición da tecnoloxía a vida de toda a sociedade cambiou, persoalmente o cambio non me afectou de forma moi directa xa que aínda era pequena pero si que notei a diferenzas na hora de comparar xa que na miña infancia os elementos tecnolóxicos como os smartphones e as tablets entre outros destacaban pola...

¡ CONTINUAMOS REFLEXIONANDO SOBRE AS NOVAS TECNOLOXÍAS !

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Nesta ocasión, presentámovos unha serie de preguntas do máis curiosas, que nos fixeron reflexionar moito, xa que non son nada sinxelas. No noso caso, pensamos e respondemos as preguntas entre todas as Meigas 👻 en conxunto, pero vos animamos a que nos deixedes no caixón de comentarios as vosas opinións! ¿Aprenden mellor os/as nenos/as coas NNTT? 💭 Consideramos que os nenos e nenas de hoxe en día aprenden mellor grazas as novas tecnoloxías, xa que son un elemento que abren as portas a un mundo de información. Con unicamente un "clic" poden ter na súa pantalla todas as respostas ás súas preguntas. Serven tanto para estudar como para realizar as tarefas e traballos da escola, ademais de que os preparan para o futuro tecnolóxico que lles espera. Somos conscientes que o uso das novas tecnoloxías debe ser sempre responsable e moderado, porque como consumidores coñecemos os perigos que poden xerar ou as excesivas comodidades que ...