EMPREGAR FERRAMENTAS DE CONTIDO MULTIMEDIA NA AULA, SI OU NON?
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋
Nestes tempos nos que a todo o mundo lle gusta dar likes👍, comentar publicacións💬, e opinar sobre temas variados💉 (coñezan ou non), etc., nos non queríamos quedarnos atrás e hoxe vos traemos un 💥¡duelo de conxuros!💥 Para toda a xente que non cree na maxia, aceptamos tamén chamalo debate😪, aínda que o noso nome nos gusta máis 😜
Nos tempos que corren, cada vez temos acceso a máis e máis información. As novas tecnoloxías poñen a nosa disposición recursos didácticos variados, cursos que seguen diferentes enfoques metodolóxicos, recurso multimedia e polo tanto, non só nós podemos acceder a eles como docentes, senón que tamén están a disposición do noso alumnado. Como as últimas entradas que publicamos fan referencia as ferramentas de contido multimedia, hoxe buscaremos centrar o noso debate neste ámbito.
Se nos dese por poñer nunha balanza, as vantaxes e desvantaxes do seu uso na aula, hacia onde creedes que se decantaría?
Nos imos a comentar un pouco o que pensamos tanto de forma positiva como de forma negativa.
VANTAXES
- Oportunidade para alexarse da educación tradicional.
- Dinamizar as clases e motivar o alumnado a participar máis.
- Integrar o alumnado na creación de materiais.
- Capacidade de abordar temáticas cun enfoque multidisciplinar.
- Mellorar a destreza das competencias relacionadas coas novas tecnoloxías.
DESVANTAXES
- Cometer o erro de depender moito da tecnoloxía.
- Aumentar o número de horas que o alumnado emprega diante de pantallas.
- Nais e pais con pouca formación no uso de novas tecnoloxías.
- A información que existe en internet e que non podemos controlar, como a publicidade.
Como podedes observar atopamos argumentos a favor e en contra, por iso creemos que podemos facer a seguinte conclusión:
A sociedade actual está en pleno crecemento e expansión, e moitos de estes cambios van ligados a tecnoloxía. Os avances que se están dando nos últimos anos, son moitos máis que na suma dos séculos anteriores, por iso sería un erro non aproveitar esta tecnoloxía para o noso beneficio. Partimos da idea de que o primeiro que teríamos que facer, sería formar as nais e pais. Moitas veces a nosa labor só pode chegar ata as portas da escola, e de ahí para fora serán eles e elas as que terán que controlar e axudar os seus fillos e fillas. Unha vez formados os pais e as nais, o noso traballo co alumnado debe ser tanto formar nos beneficios do uso das novas tecnoloxías, como nos perigos que esta pode ocasionar. Con coñecemento e un uso responsable, creemos que a balanza pode decantarse máis polas vantaxes.
Pero (sempre existe un pero 😅), como meigas e meigos defensores da nosa cultura e a nosa contorna, creemos que o máis importante e o contacto co exterior, fomentando as experiencias persoais coa natureza, coa paixase, cos recursos que dispoñemos nos municipios, xa que sempre vai ser mellor facer maxia coas nosas mans, antes que cunha pantalla!
Coma sempre, esperamos que vos guste o noso contido, e confiamos en que nos deixedes no queixón de comentarios e as vosas opinións respecto a este tema, estaremos encantadas de saber o voso punto de vista! 👇
Comentarios
Publicar un comentario