¡ PRESENTACIÓN GRUPAL DAS MESTRAS MEIGAS E DO MESTRE MEIGO !

 


👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋

Hoxe toca presentarnos outra vez. Si, xa sabemos que podemos ser algo pesados e pesadas 😅, pero a verdade é que estabamos tan contentos cos resultados, que non podíamos deixar pasar esta ocasión para amosárvolo! Se hai algo mellor que presentarse, e presentarse en grupo, non?  


Para a presentación de hoxe, como aínda queremos seguir mantendo o anonimato, decantámonos por empregar a aplicación Zepeto! Esta aplicación é gratuíta, e con ela poderedes crear os vosos avatares personalizados. Facédeo con tempo, porque non temos dúbida de que ides botar un bo rato navegando 🚢 en todas as súas opcións. Aínda non nos poñedes cara, pero xa vos avisamos que os nosos avatares se parecen bastante 😜

Nos vos enredamos máis, comezamos !

De esquerda a dereita, nesa fermosa foto de estudio, somos Alberto Pérez, Xiana Pérez, Ari Prendes e Carmen Quinta, as vosas novas mestras e mestre.

Tanto se vos estades preguntando, coma senón, o porque de que se fale tanto sobre Meigas neste blog, é porque o noso obxectivo e ensinar aos cativos do segundo ciclo de Primaria, é dicir, 4º, 5º y 6º de Primaria acerca da historia de Galicia, da súa orixe e das súas lendas, para facer conectar o noso alumnado con toda a maxia que as rodea. Coa axuda das meigas que atoparemos ao longo dos relatos celtas, coñeceremos a estas mulleres e os seus poderes para realizar prácticas sobrenaturais (tanto para o ben 😇, como para o mal😈). Ademais ao mesmo tempo traballaremos o emprego da lingua galega en todos os seus rexistros, sen esquecernos por suposto de darlle as novas tecnoloxías o lugar que merecen.

Esperemos que vos guste e que a maxia tarde pouco en chamar a vosa porta 👀



Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

REFLEXIÓN

APPS 3D