WEBQUEST

                   

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋

Preparados meiguiños e meiguiñas para unha nova actualización de actividades? Sentádevos, que veñen curvas! 👋🙋

Nesta entrada imos explicar un pouquiño máis as actividades que elaboramos para a nosa webquest. Alá imos!😁😁

Empregamos dúas ferramentas que de seguro que vos soan de entradas anteriores, estas son Educaplay e Wordwall. Con elas, diseñamos dúas actividades relacionadas co Entroido que son moi divertidas e por suposto sinxelas de realizar para os nenos e nenas de 4º de Primaria na asignatura de Ciencias Sociais.

A primeira chámase Memory e foi feita con Educaplay. Consiste nun xogo composto por fichas con imaxes e co seu respectivo nome e o xogador ou xogadora deberá de relacionalas correctamente. Se vos animades a xogar ademáis de pasar un bo rato tamén descubriredes cales son os principais personaxes dos distintos lugares de Galicia. ¿Sabedes xa de algún?💭

Por último, a segunda actividade creámola con Wordwall. Con esta increíble ferramenta elaboramos unha sopa de letras na que teredes que buscar elementos relacionados co Entroido. Seredes capaces de atopar todos os termos? 😏

Agardamos que vos animedes a participar nestas actividades. Un saúdo e ata a próxima! 💫

P.D: Aquí tedes o enlace da nosa webquest, que non nos olvidamos!!!

👉 Webquest Máisquemeigas 👈



Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

REFLEXIÓN

APPS 3D