USO DOS RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS (REA)
👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋 Os REA ou recursos educativos abertos son 📂 os materiais didácticos, de aprendizaxe ou de investigación 🔍 que se atopan no dominio público ou que se publican con licencias de propiedade intelectual que facilitan o seu uso, adaptación e distribución gratuítos 💰(Unesco, 2012) Na elaboración do noso traballo decidimos escoller os seguintes REA, xa que consideramos que todos están orientados cara o noso tema central, que é a tradición galega e as súas costumes. Seleccionamos recursos moi diversos en canto a temática e funcionamento para acadar así, a maior diversidade posible. Por outra banda, a información que neles se atopa é moi sustancial e ao mesmo tempo conta cun vocabulario moi adecuado para que o alumnado non atope ningún problema na comprensión e que en todo momento se manteña unha lectura fluída. Outro punto polo cal consideramos estes recursos como válidos débese a súa interactividade. Non só aportan información ...