PRESENTACIÓN DO DOCENTE: ALBERTO PÉREZ

👋BENVIDOS E BENVIDAS UN DÍA MÁIS MEIGAS E MEIGOS!👋

Benvidos o noso Blog estimados lectores e lectoras! 👾

Preséntome ante vos, xa que mentres non me poñades cara, que menos que sepades un pouco de min, non?
Nacido en Mos e Graduado da Universidade de Vigo, comezo neste centro dando os meus primeiros pasos no camiño da docencia. 

Para que me coñezades un pouco:

  • Teño tres cans na miña casa: Kira, Ber e Pepi.🐶🐶🐶
  • Os meus hobbies son a fotografía e os deportes. 📷
  • Son un valioso aprendiz de cociñeiro.🔪
  • Estou aprendendo a tocar a guitarra. 📣
E máis relacionado coa docencia:

  • Teño formación como Psicomotricista Educativo.
  • Son monitor de ocio e tempo libre
  • Encántame observar e analizar o xogo dos nenos e nenas.
O meu grupo e eu, esperamos que atopedes neste blog contido útil para as vosas clases, e teremos en conta as vosas recomendacións e suxerencias para os nosos futuros posts!

Moitas grazas!

Alberto

Comentarios

Publicacións populares deste blog

GAMIFICANDO CON GENIALLY

PROXECTO STEAM: ASOCIEIGHT

APPS 3D